Vaso campaniforme de rakú, Xaime Piñeiro.

40.00

Vaso campaniforme de rakú realizad polo ceramista Xaime Piñeiro. Peza única con cores esmaltados en tonos verdes e óxidos cobrizos.

1 dispoñibles

Vaso de forma campaniforme realizado con torno seguindo a técnica de rakú. Elaborada polo recoñecido artesán Xaime Piñeiro no seu obradoiro de Santiago de Compostela. O rakú é unha técnica tradicional xaponesa, relacionada nos seus comezos coa delicada cerimonia do té. Esta técnica laboriosa e complicada da lugar a pezas de singular beleza. Tonalidades, texturas, matices e cores metalizados, craquelados, nacarados e tornasoles. Ademáis esta peza ten unha forma singular campaniforme propia da cerámica do calcolítico. Diámetro 10 cm. Altura12 cm

Como todas a obras de Xaime Piñeiro conta co sello de artesanía de Galicia; si che gusta esta peza podes encontrar otras semellantes na nosa tenda. Podes tamén  ver otras pezas de vaixela de Xaime.