Tapiz azul índigo de Marica da Berza

1,450.00

Tapiz de gran tamaño pintado con motivos da natureza. Temática campestre representada en tons azul índigo. Obra única de Marica da Berza.

1 dispoñibles

Este tapiz de gran tamaño pintado con motivos da natureza mostra unha temática campestre representada en tons azul índigo. É unha peza única pintada a man onde se aprecia unha paisaxe romántica e floral con elementos propios da campiña. O acabado rústico e a síua pátina envellecida lémbranos os murais que decoran as paredes das decadentes e elegantes mansións de Francia ou Italia. O estilo inspirado nas casas toscanas ou provenzais eleva o nivel decorativo de calquera estancia e achega un toque acolledor e distinguido a calquera espazo. Medidas do lenzo: Alto 200cm Ancho 160cm Pintado a man con pintura acrílica en tons índigo e ocres sobre lenzo de algodón de alto gramaje e cunha lixeiro verniz a auga como acabado fin… O material empregado é lenzo de algodón para cadros, “canvas”,de alto gramaje pintado con acrílico e protexido cunha lixeiro verniz á auga. Como soporte para manter a súa forma e poder colgalo atópase cravado a dous listóns de madeira de abeto na parte superior e inferior da tea. Un cordón de fibras naturais axuda a colgalo de forma sinxela. Coidados: Pódese retirar o po cun pano seco ou ben humedecido cun pouco de auga e non se debe aplicar ningún produto químico de limpeza, desta maneira será unha peza especial que te acompañará para sempre. Podes gardalo enrolado sobre se mesmo deixando a pintura protexida cara ao interior xa que non se cuartea. Esta peza marabillosa pertence á obra de Marica da Berza. Podes ver outras pezas na tenda on line no instagram