Pano de algodón de Cecilia Plaza

29.00

Pano de algodón de Cecilia Plaza onde combina o deseño orixinal coa delicadeza do algodón. Ilustrracións da natureza e a vida cotiá.

Os panos de algodón de Cecilia Plaza son o complemento perfecto para quen busca deseño con alma artesá. Confeccionados en voile de algodón orgánico 100% con certificado GOTS, destacan pola súa lixeireza excepcional e un tacto suave e natural que respecta a pel e o medio ambiente. Cada peza é un lenzo onde a artista plasma as súas ilustracións exclusivas, inspiradas na beleza da natureza e na poesía dos obxectos cotiáns. Estes pañuelos de 75×75 cm combinan versatilidade e elegancia, sendo ideais tanto para levar ao pescozo como para darlle un toque distintivo ao cabelo ou ao bolso.Os panos de Cecilia Plaza non só destacan polo seu deseño, senón tamén polo coidado extremo na súa presentación, converténdoos nun agasallo listo para entregar. Cada peza entrégase envolta con delicadeza en papel de seda e protexida por un sobre de cartón ríxido ou carpeta de deseño craft, que evita que o tecido se engurre. Este packaging, fiel á filosofía sostible da marca, está libre de plásticos. Podes atopar máis artigos de Cecilia Plaza na nosa web