Cesta Limia ovalada

60.00

Cesta de bimbio ovalada trenzada en dúas cores. Feita a man artesanalmente. Ten dúas asas de coiro que lle aportan un aspecto moderno.

1 dispoñibles

Esta elegante cesta artesanal está realizada a man con bimbio e salgueiro natural, trenzado coidadosamente para conseguir una estrutura resistente, lixeira e  duradeira. O seu deseño combina un acabado tradicional cun toque moderno grazas ás asas de coiro auténtico, firmemente remachadas para garantir comodidade e seguridade ao transportar peso.

A forma lixeiramente abombada proporciona una gran capacidade interior, perfecta para usar como bolso de diario, cesta de picnic, almacenamento no fogar ou peza decorativa. O contraste entre o bimbio claro e a franxa central en tono máis oscuro aporta un detalle estético distintivo e moi natural. As súas medidas son 23cm. de altura por 33 cm de ancho. Na nosa web podes ver máis cestas.