Cesta Arnoia
43.00€
Cesta tradicional de trenzado en bimbio. Peza sostible, natural con múltiples utilidades: uso decorativo ou recipiente, almacenaxe.
1 dispoñibles
Cestiña tradicional realizada en bimbio, pertence á familia dos sauces. Está tecida a man, seguindo a técnica tradicional con borde de tres pares, con varas flexibles deste arbusto. Ten una forma redonda, ainda que pode variar dunha a outra peza un pouco o tamaño, e as cores. Leva unha asa de castiñeiro. As varas de bimbio son suaves e fáciles de dobrar, o que permite crear un deseño bonito e resistente, cunhas cores otoñais que abranguen toda a gama de marróns. Pódese empregar para unha ampla variedade de propósitos, desde o almacenamento e a recolección de alimentos ata a decoración do teu fogar. A cestería no só é funcional, senón que tamén pode ser una forma de expresión artística, con patróns e estilos que refllicten a cultura de quen os expresa ou crea. Non debemos esquecer que ademáis é unha peza sostible.18 cm. de altura, 29 cm. de diámetro. Con asa a medida de altura é de 29 cm.
Si queres ver máis cestas podes mirar aquí. Tamén no noso imstagram