Caixa de xabóns de leite de burra

19.95

Caixa con cinco xabóns artesanais de leite de burra e manteiga de karité. Aromas variados. Un agasallo que coida da túa pel e tamén da natureza.

10 dispoñibles

Caixa con cinco xabóns artesanais elaborados pola Asociación ANDREA (Allariz) con leite de burra e manteiga de karité, ingredientes recoñecidos polas súas propiedades hidratantes, suavizantes e antioxidantes.

Cada pastilla ten un aroma distinto: madreselva, té de rosas, lavanda, vainilla, albaricoque, violeta ou frescura de antaño… Perfumes naturais e delicados que fan da hixiene diaria unha experiencia sensorial.

O leite de burra, rico en aminoácidos, vitaminas (A, B1, B2, B6, C e D), minerais e proteínas, axuda a manter a pel nutrida, suave e sedosa, mentres que a manteiga de karité potencia a súa acción protectora e rexeneradora.

Ademais de ser un produto natural e de alta calidade, estes xabóns teñen un forte valor social: apoian os programas terapéuticos con nenos e nenas con discapacidade e a recuperación de animais abandonados ou maltratados.

Ao mercar esta caixa, estás a coidar da túa pel… e tamén da súa vida.