nós
O espírito da Mariñeta lévanos sempre as nosas raíces. Comezando polo seu nome. De pequena acompañar ao meu avó co gando era un momento de alegría e emoción. Prados verdes, un castro próximo con moitas lendas de mouras, un lume pequeno para asar mazás… Unha desas tardes o meu avó Ramón levoume a coñecer un manantial: A MARIÑETA, apenas un pequeno nacemento de auga oculto entre a herba. Fermoso.
Este proxecto de hoxe é unha homenaxe a el, ao avó, a todas as mulleres e homes do rural, onde a artesanía estivo sempre presente; cesteiros, alfareiros, zapateiros, curtidores, tecedeiras…
Comprobamos que hoxe esa artesanía segue moi viva, emocionando, arriscando e innovando. Esa emoción é a que queremos transmitir, rodeándonos de pezas fermosas e singulares. Pezas únicas, especiais, con identidade propia.
A nosa aposta inclúe este lugar acolledor, que se convirte en obradoiro en ocasións e nos que a propia Mariñeta ten o seu taller de deseño e confección de complementos textís.
A Mariñeta é obradoiro, tenda, lugar de encontro, longas conversas e proximidade. Asesorámosvos e invitamos a que a artesanía forme parte da vosa vida.
¡Agardamos a vosa visita!