artesanía con alma
Estamos ao pé de Santo Estevo, adentrándonos no casco histórico de Allariz, rodeados da súa historia e do seu patrimonio artístico e cultural.
Aquí mesmo, neste espazo, na Mariñeta acollemos a esencia da nosa artesanía tradicional, sen renunciar á innovación e modernidade. Apostamos polo deseño, autenticidade e creatividade, sempre cunha ollada posta nas nosas raíces.
Cerámica, cestería, coiro, madeira, bisutería e xoiería, téxtil e moda comparten espazo con gravados, acuarelas, fotografía… Escollemos pezas fermosas para que te acompañen e que poidas agasallar sorprendendo aos teus seres queridos.
Sentímonos especialmente agradecidas de contar coa colaboración de artesáns e artistas locais; tamén con aqueles mozos que comezan ou os nosos mestres consagrados e recoñecidos.
A Mariñeta desexa acoller artesanía e deseño para rodear a túa vida de obxectos fermosos con raíces e historia.


“A Mariñeta é establecemento autorizado e obradoiro de Artesanía de Galicia“.
tenda a mariñeta

VER MÁS
cestería

VER MÁS
téxtil

categoria lás
lás

VER MÁS
cerámicas

categoria fotografia
fotografía

Categoría mobles
mobles

categoria bixuteria
bixutería

categoría gravados
gravados

categoría Outros agasallos
outros agasallos
últimas Novidades
Novidades, promos e moito máis. Suscríbete para estar o día de A Mariñeta.
estamos en instagram
onde estamos